Wednesday 01 de May de 2024

A Asociación de Amigos da Música de Ordes honra a Santa Cecilia con concertos, xantares populares e moita festa


A xornada conmemorativa será o sábado día 22. Ata o vindeiro luns poderanse adquirir tickets para participar na comida de confraternización

O vindeiro sábado 22 de novembro a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, celebrará a festividade de Santa Cecilia.
Para conmemorar a festividade da patrona da música ás 13.30 horas a Banda de Música de Ordes ofrecerá un concerto aberto a todo o público no Campo da Feira. Alí tamén terá lugar o gran xantar de confraternidade para os socios, socias e todo aquel que adquira, ata o vindeiro luns, o seu tícket. Según os organizadores ata o de agora xa se contabilizan en máis dun cento o número de asistentes. Petiscos variados, empanada, polbo, carnes, postres e café completan a carta para ese día. No caso de que sea preciso resgardarse da chuvia instalarase unha gran carpa con calefactores, que tamén acollerá un servizo de bar, xogos e actividades para os máis cativos. Actuacións musicais, un novo concerto da Banda de Música de Ordes, sorteos de agasallos e outras sorpresas pecharán esta parte do programa.
Xa a partir das 21 horas dará comezo a verbena nocturna, que nesta ocasión correrá a cargo do grupo Alborada.